Pendentes do ceo ata o último minuto, catorce comparsas e folións participaban na tarde do 28 de febreiro, no desfile de Entroido na Rúa.

Pasaban das catro e media da tarde cando saía o primeiro folión, o de Petín. A partires de aí, dende a Adega cooperativa Virxe das Viñas ata a praza da Estación, pasaron polas rúas Campogrande, Progreso e Doutor Vila, o resto de participantes que botaron man de todo o inxenio para a elaborar os disfraces e carrozas. “Villa Alicia”, “Montaña rusa”, “La disco del reggueton”, “Pingüinos”, “Manuel Respino de Película”, “A Ruada en llamas”, “Cosme rock”, “Chicky park”, “Pop corn dulces”, “Palomitas saladas”, “Comparsa Ponte de Ferro” e “Afrondis guerrillas”. Tamén desfilaron o Folión de Buxán e Os Arrieros de Petín.

Malia a chuvia que chegou a caer a metade de percorrido, os disfraces brillaron con luz propia e a xente participou, demostrando que o Entroido está máis vivo que nunca.

Fotos: Mónica G. Bellver