Os directores David Oeo e Charlie García presentan os seus traballos “Añadir Contacto” e “Polo”

Coa primeira parte do Curso de iniciación aos documentais, arrancaba a quinta xornada do Festival Vía XIV de Verín no Auditorio Municipal de Verín. Impartido polo encargado da dirección técnica do FIC, Francisco Naveira Rega, os inscritos puderon adquirir coñecementos básicos de narrativa e produción audiovisual, ademais de asistir a unha parte máis práctica sobre aspectos tecnolóxicos e informativos para aprender a utilizar a cámara de vídeo, así como as pautas de realización e da fase de post-produción de vídeo. Tamén pola mañá proxectábanse curtametraxes para nenos, co obxectivo de facer chegar o cinema e o espírito do festival aos pequenos do fogar.

Como vén sendo habitual no devir desta primeira edición do festival de curtas, ata o salón de actos da Casa da Culta de verín, achegánse, xa de tarde, dous directores para presentar os seus traballos. O director de “Añadir Contacto”, David Oeo, realizou esta curta de tres minutos e medio, rodado durante unha noite con moi pouco presupusto. Está enmarcado no seu proxecto de fin de carrera e, con el, pretende mostrar a incomunicación imperante no mundo comunicado de hoxendía.  Por outra banda, Charlie García é o director de “Polo”, unha curtametraxe englobada dentro do traballo de fin de carreira de Comunicación Audiovisual en Sevilla e céntrase na Guerra Civil e na persecución ós republicanos agochados no bosque.

unknown-3Coma toda a semana, ao longo da tarde, tanto no Auditorio (ás 20:30 e ás 22:15h.) como na Casa da Cultura (ás 20 e ás 22:15 horas) proxectaranse catro bloques de curtas sobre o Entroido, a emigración e as fronteiras.

Como colofón, mañá, sábado 10 de decembro  celébrase no Auditorio, ás 22 horas, a gala de clausura do Festival Internacional de Curtas de Verín no que se darán a coñecer aos gañadores. Será un evento gratuito e aberto. As entradas pódense reservar de forma anticipada no propio Auditorio.