A zona ourensá das Eiroás prepárase para unha nova cita no seu calendario carnavalesco. Trátase do Sábado do Entroido, no que entre lusco e fusco sairá o folión.

Tras recibir ao Meco, no Domingo Fareleiro, tiña lugar unha semana despois o Domingo Oleiro, no que as Pitas e o xogo das olas tomaban a praza, tal e como pode comprobarse nesta galería de fotos de Lois Pardo/Amig@s da Pita.