As persoas que nestes días se acheguen pola Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco poderán ver unha pequena exposición dedicada á celebración da XVII Festa do Botelo, declarada de interese turístico galego, nesta vila valdeorresa.

Ademais do cartel deste  evento gastronómico, previsto para o 21 de xaneiro, tamén se inclúen as páxinas da ampla reportaxe publicada polo Periódico O Sil con motivo desta cita e a cartelería da VII Ruta de Pinchos “O Barco vai de viños”, que está en marcha dende o 12 de xaneiro e que concluirá precisamente na fin de semana do Botelo.

P1550299

P1550302

Fotos: A.R.