Orquestras no campo da festa, concertos á beira do río e feira no Malecón, compoñen o programa do Cristo deste ano

O pregón a cargo de José Luis Gómez “Victoria” e o chupinazo previsto para mañá, 13 de setembro ás 20:30h. marcarán o inicio das Festas do Cristo no Barco de Valdeorras que se estenderán ata o domingo 17. Cinco días de festexos nos que se despregará un variado programa con moita música de diferentes estilos, actos culturais e deportes, para os que a vila ultima os preparativos.

Na praia fluvial do Malecón, á beira do río Sil está xa instalado o palco sobre o que actuarán os grupos locais o Día de Valdeorras (Big Crunch! e The Black Wins), 15 de setembro e tamén na sesión vermú da Festa das Pandillas (Los Íñigos), o día 16. No mesmo espazo actuarán os grupos Agoraphobia e Elefantes o sábado pola noite.

Tamén están xa instaladas as casetas de cores que o venres acollerán a feira de mostra e venda de produtos do Día de Valdeorras, que se inaugurará  ás 12h. no paseo do Malecón (zona do Casino).

 

As casetas para a feira de mostras do Día de Valdeorras.

As casetas para a feira de mostras do Día de Valdeorras.

P1700373

Fotos: Ángeles Rodríguez