Unha vintena de comparsas percorrían as rúas da vila na tarde do Martes de Entroido

 

Dende as proximidades do Hospital Comarcal Valdeorras partía ás cinco e media da tarde o desfile do Martes de Entroido no Barco. Abríao o ritmo de Bate no Cobre, despois viñan unhas dezasete comparsas nas que se botaba man da orixinalidade para tratar cuestións tan distintas como a poesía de Florencio Delgado Gurriarán, a medicina, o mundo hippie, os contos ou mesmo a política norteamericana.

Tampouco faltaba unha charanga, nin os folións. Así polas rúas do Barco soaban os toques do Tameirón (A Gudiña) e dos Viticultores (Vilamartín), que pechaban un desfile que discorría ata a praza Maior do Barco.

Fotos: Beltrán Alonso/ Ángeles Rodríguez