O Sábado de Entroido devolvían a visita que Langullo lle facía na fin de semana anterior. Solicitábase o permiso en verso na Mata, onde as singulares Mázcaras desta zona de Manzaneda despregaban a súa danza alzando e baixando un bastón enfeitado, ao ritmo dun folión que ademais de bombos e sachos, tamén conta con caixa e gaitas.

O toque interrumpíase preto das sete e os membros do folión repoñían forzas con comida e bebida antes de continuar ata Langullo, onde daban unha longa ronda que concluía cunha cea. Con ela os veciños agasallaban ao folión visitante.

Fotos: Carlos G. Hervella.