A procesión o Día do Cristo sairá ás 12h. da igrexa de San Mauro e rematará na praza Maior onde terá lugar a misa

Un primeiro plano do rostro do Nazareno no que pode aprezarse ata o máis mínimo detalle da imaxe que se conserva na igrexa de San Mauro, servíu á Confraría de Xesús Nazareno do Barco para ilustrar o cartel co que anunciaron os cultos na honra ao patrón do Barco de Valdeorras, que se celebran en setembro. Unha data na que cada ano se constata o fervor e a devoción que existe na capital da comarca de Valdeorras polo Cristo, con centos de persoas que chegan de fóra, mesmo do estranxeiro, para participar nos festexos na honra á Xesús Nazareno que terán o seu día grande mañá 14 de setembro, aínda que os cultos relixiosos comezan unha semana antes.

O día 5 abríase o novenario que se prolongará ata hoxe día 13 de setembro. E tralo novenario chegaremos ao día do Cristo. O xoves, celebrarase unha eucaristía cada hora dende as oito da mañá ata chegar ás 12h. cando centos de persoas se congreguen nos arredores da igrexa de San Mauro para comezar a procesión que levará a imaxe por todo o pobo, acompañada pola corporación municipal, os membros da confraría ataviados coas tradicionais túnicas moradas, a banda de música, as Calantornias e os cabezudos.

Imaxe do Nazareno saíndo da igrexa de San Mauro.

Imaxe do Nazareno saíndo da igrexa de San Mauro.

Trala procesión, a imaxe do santo chegará á praza Maior, onde se celebrará a misa ao aire libre, coa participación de numerosos sacerdotes, entre os que previsiblemente se encontre o bispo de Astorga, José Antonio Menéndez. Ao día seguinte, venres 15 de setembro haberá dúas eucaristías máis na igrexa de San Mauro, unha ás doce e media por todos os confrades e outra ás oito da tarde.

Máis información no Especial Festas do Cristo do Periódico O Sil.

Fotos: Ángeles Rodríguez.