Expourense acolle o mitin central dos populares ourensáns cun acto no que participou o candidato á Xunta, Alberto Núñez Feijóo
Expourense convertiuse onte á noite no embigo do Partido Popular de Galicia. Os populares ourensáns celebraron o seu mitin central de campaña e fixérono ao grande, nun salón de exposicións abarrotado de militantes e simpatizantes que foron testemuñas dun percorrido polos proxectos postos en marcha na provincia e “que ninguén pode negar”, segundo dixeron. O acto contou ademais coa participación dos principais líderes da formación na provincia, como Manuel Baltar, presidente da Deputación, ou Jesús Vázquez, alcalde da cidade. Tamén asistiu o presidente da Xunta en funcións e candidato á relección, Alberto Núñez Feijóo. Todos mostraron o seu apoio á cabeza da lista candidata pola provincia de Ourense, Marisol Díaz Mouteira.
A cabeza da lista ourensá, Marisol Díaz Mouteira, onte, nun momento da súa intervención.

A cabeza da lista ourensá, Marisol Díaz Mouteira, onte, nun momento da súa intervención.

Na cita, Baltar afirmou que “o PP ten un proxecto de futuro baseado en feitos e Ourense é o mellor exemplo do traballo realizado”. Pola súa banda, Mouteira pediu un último esforzó no que resta de campaña e asegurou que “se conseguimos o apoio suficiente, todos os galegos saberemos que goberno imos ter”. O alcalde da cidade foi o encargado de dar a benvida aos asistentes iniciando as intervencións, e estaba previsto que Alberto Núñez Feijóo pechara o evento.
O alcalde da cidade, Jesús Vázquez, foi o encargado de abrir o mitin de onte.

O alcalde da cidade, Jesús Vázquez, foi o encargado de abrir o mitin de onte.

Feijóo pechou o acto central do PP en Ourense ante centos de militantes e simpatizantes.

Feijóo pechou o acto central do PP en Ourense ante centos de militantes e simpatizantes.

“Pedimos a vosa confianza, o voso voto para un partido solvente”, expuxo Mouteira, que calificou o proxecto que representa na provincia como un proxecto “serio, sólido, coherente e co aval da xestión que só ofrece o Partido Popular con Feijóo á fronte”.
O candidato popular á Xunta tamén recibiu onte en Ourense o especial apoio de compañeiros do partido a nivel nacional, coa visita do vicesecretario de comunicación, Pablo Casado. Estivo participando no reparto de folletos de información na céntrica rúa do Paseo cara a unha do mediodía.
Fotos: Carlos G. Hervella
Algúns dos protagonistas do mitin de onte na cidade das Burgas.

Algúns dos protagonistas do mitin de onte na cidade das Burgas.