Milleiros de persoas se achegaban ata as beiras do río facendo desta proba deportiva unha auténtica festa na tarde do 16 de setembro no Barco

 

É unha cita multitudinaria. E este ano teno sido máis aínda. O público abarrotaba xa ás cinco e media da tarde a estación de ferrocarril do Barco para subirse ao tren fluvial, animado polo ritmo da charanga Terras do Bibei, e asistir ás saídas do Descenso do Sil, augas abaixo da ponte de Sobredelo. Eran centos as persoas que se concentraban nese punto.

Contábanse tamén por milleiros os seguidores que se congregaban as beiras do Sil ao longo do decurso desta proba de case 7 quilómetros de percorrido con zonas especialmente concurridas como o Cachón das Casas Baratas ou a propia meta, na praia fluvial do Malecón do Barco.

 

Fotos: Carlos G. Hervella