Se o ano pasado había que completar os desfiles rapidamente pola ameazante chuvia, este ano o sol e unha agradable temperatura acompañaron ás 14 comparsas que ,na tarde do 26 de febreiro, percorreron as rúas de Rubiá para celebrar por todo o alto o Domingo de Entroido.

Pasaban das cinco da tarde cando saía a comitiva, coma sempre dende  os arredores da praza da Baicela. Os primeiros eran os “Montruítos de Córgomo”, despois a comparsa de “Animadoras” e a dos “Trolls por Rubiá da ANPA CEIP Virxe do Camiño”. De seguido tocáballe o turno ao “Chyky Park da Rúa” e así ata catorce grupos uniformados con divertidos e vistosos disfraces. Pechando o desfile, un ano máis o Folión Os Viticultores.

O bo tempo non só animou ás comparsas senón tamén aos veciños de Rubiá e da bisbarra que disfrutaron do espectáculo a pé de rúa.

Fotos: Mónica G. Bellver