Ao longo da mañá do domingo 25 de setembro os candidatos que concurren ás eleccións galegas pola provincia achegábanse as urnas para depositar o seu voto. Entre os primeiros en facelo estaba a cabeza de lista do PP ourensá, Marisol Díaz, que o facía ás dez e media da mañá no Colexio Divina Pastora, no centro de Ourense.

Ás once votaba en Vilamarín a número de En Marea por Ourense, Ánxeles Cuña. De seguido comentaba que este domingo é un “día ilusionante porque representa un cambio para Ourense e para Galicia”. A candidata afirmaba que tiña “o pálpito de que vai haber un cambio que é imprescindible para Ourense, para sacar a Ourense dese último lugar da fila na que o deixo o PP”.  E recordaba que hai esperanza na xente por este cambio.

Ánxeles Cuña, con compañeiros de En Marea dirixíndose á mesa electoral.

Ánxeles Cuña, con compañeiros de En Marea dirixíndose á mesa electoral.

A cabeza de lista ourensá por En Marea, votando.

A cabeza de lista ourensá por En Marea, votando.

Por outra banda ás once e media acudía á mesa electoral a candidata socialista Noela Blanco, no Centro de Saúde Valle Inclán da capital ourensá.

A número un socialista por Ourense no momento de votar.

A número un socialista por Ourense no momento de votar.

Media hora despois votaba, tamén no barrio da Ponte da cidade, a candidata do BNG Noa Presas. Tras depositar a papeleta, destacaba a importancia desta xornada electoral e animaba aos ourensáns a non quedarse na casa e a encher as urnas. “O eliximos hoxe é a todas as persoas que nos van representar nos próximos catro anos e a tomar as decisións sobre as cuestións máis importantes que nos afectan no noso día a día”, aseguraba.

 

A nacionalista Noa Presas collendo unha papeleta no colexio electoral./ Foto: Carlos G. Hervella.

A nacionalista Noa Presas collendo unha papeleta no colexio electoral./ Foto: Carlos G. Hervella.

A candidata do BNG por Ourense, votando nunha mesa do barrio da Ponte./ Foto: Carlos G. Hervella.

A candidata do BNG por Ourense, votando nunha mesa do barrio da Ponte./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ao mediodía tamén exercía o seu dereito ao voto o número oito da lista do PP, o valdeorrés Moisés Blanco. Votaba na mesa situada na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco.

O número oito da lista do PP por Ourense, o barquense Moisés Blanco, xusto antes de depositar a papeleta./ Foto: A.R.

O número oito da lista do PP por Ourense, o barquense Moisés Blanco, xusto antes de depositar a papeleta./ Foto: A.R.

Moisés Blanco, votando.

Moisés Blanco, votando.

Á unha da tarde depositaba a súa papeleta na urna o número dous por En Marea na provincia, Davide Rodríguez, nunha das mesas electorais instaladas no CEIP de Manzaneda, e acompañado pola súa familia. Tras votar indicaba que estas eleccións servirán para demostrar que “no rural hai futuro, hoxe apostaremos por el”. E incidía en que os comicios “son un acto colectivo, hoxe entre todas construíremos un país xusto”.

Davide Rodríguez, número dous por En Marea, coa papeleta desta formación.

Davide Rodríguez, número dous por En Marea, coa papeleta desta formación.

Davide Rodríguez votando no colexio electoral de Manzaneda.

Davide Rodríguez votando no colexio electoral de Manzaneda.

E xa á unha e media da tarde, o segundo na lista do BNG por Ourense, Jesús Vilasánchez, votaba nunha das mesas electorais instaladas no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Jesús Vilasánchez, nunha das mesas electorais do Teatro Lauro Olmo do Barco./ Foto: A.R.

Jesús Vilasánchez, nunha das mesas electorais do Teatro Lauro Olmo do Barco./ Foto: A.R.

O candidato nacionalista, no intre de depositar o voto./ Foto: A.R.

O candidato nacionalista, no intre de depositar o voto./ Foto: A.R.

Por outra banda, tamén pola mañá votaba no colexio electoral de Finca Fierro, en Barbadás, o presidente e candidato por Ourense de VíaNova Galicia, Eladio Fernández.

O cabeza de lista de Vía Nova, votando en Barbadás.

O cabeza de lista de Vía Nova, votando en Barbadás.

Tamén exercía o seu dereito o voto na Rúa o número oito da lista do PSdeG-PSOE na provincia de Ourense, Luis Fernández Gudiña.

Luis Fernández Gudiña votando nunha mesa electoral da Rúa.

Luis Fernández Gudiña votando nunha mesa electoral da Rúa.