Aínda que o desfile e concurso de comparsas e carrozas do Martes de Entroido en Trives quedaba suspendido por mor do mal tempo, os folións non se resistían a saír no último día forte da festa. E así As Maceiras, A Lardeira, Os Labregos e A Caniceira levaban os seus toques pola vila.
Ademais a partires das cinco da tarde tamén había festa en Santa Leonor con música, pinchos e chocolate para todos os que se achegaban.