O espectáculo con actores, marionetas de fíos e música en directo comezará ás 18h.

Conseguir que toda a familia, dende os máis pequenos ata os pais e mesmo os avós, desfruten do espectáculo, é o que perseguen compañías como Os Monicreques de Kukas ou Mamá Cabra que tamén formarán parte do programa das Festas do Cristo 2017. Os primeiros subiranse ao escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras na tarde do 15 de setembro para entreter aos cativos coa obra “A frauta máxica no maxín”.

Os monicreques de Kukas e Zoar Ensemble parten da versión musical para instrumentos de vento da ópera de Mozart para crear unha obra a modo de retablo na que utilizan as marionetas de fíos e a música tocada en directo para representar as escenas principais da ópera. O narrador da historia, que representa a un Mozart actual, achega ao espectador o proceso de creación musical, ese intre no que o compositor, a partires dun libreto, inventa a música. E todo en clave de humor, buscando a complicidade co público, preferentemente maiores de 6 anos.

 O espectáculo con actores, marionetas de fíos e música en directo dirixido a todos os públicos dará comezo ás 18h.
Papageno e Papagena.

Papageno e Papagena.

Amadeus e Pamina.

Amadeus e Pamina.