Coa tradicional bendición de ramos no mediodía do 25 de marzo no exterior da igrexa de San Mauro veñen de iniciarse os actos litúrxicos e cultos da Semana Santa no Barco. Numerosas persoas participaban nesta procesión acompañando a imaxe de Xesús, que partía dende San Mauro pasando despois por Eloi Mira e remataba na igrexa de Santa Rita, onde tiña lugar a misa.

Os actos continuarán o luns 26 de marzo ás oito da tarde cun “Via Crucis” e misa na igrexa de San Mauro.

 

Fotos: A.R.