Este impresionante cortexo, intercalado cunha serie de representacións, estaba presidido por unha xigantesca figura da Morte

 

Unha espectacular e vermella comitiva percorría na tarde do 4 de marzo as rúas do centro de Vinhais (Portugal). Nela destacaba a xigantesca estrutura da Morte, empuxada por Diabos. Deste cortexo carnavalesco tamén formaba parte un carro cheo de mozas, que os Diabos ían capturando, subíndose a por elas aos balcóns.

Así comezaba ao redor das sete da tarde (hora portuguesa) a celebración do Mércores de Cinsa, trasladada agora ao sábado seguinte, desta volta o 4 marzo, e que ten como lema “1.000 Diabos á solta por Vinhais”.

Multitude de persoas, moitas delas vestidas de Diabos, seguían e participaban deste espectáculo en cuxo percorrido se incluían unha serie de representacións tendo como escenario diferentes lugares do casco antigo da localidade: dende a provocación das mozas aos Diabos, pasando polas esceas de Mafarrico e o seu can, a percusión da Morte, a Mansión do Inferno e a Deusa do Lume, ata os sete pecados capitais, a revelación do rostro da Morte (na que estrutura da Morte remata no lume, na no xardín do Largo do Arrabalde) e a fin da escuridade.

 

Fotos: José Rodríguez Cruz