A artista elixiu a imaxe das Calantornias e os cabezudos para dar forma a unha obra chea de simbolismo

A lenda sobre a orixe das Festas do Cristo, servíu de inspiración á pintora Reme Remedios para dar forma ao cartel desta edición. “É unha historia cargada de simbolismo que relaciono con acto creador: un escultor que intenta tallar a madeira e non pode polo dura que está e como consegue facer a transformación da materia nunha escultura Crística”, di a propia Reme asegurando que “ao igual que el, podemos ser escultores do noso corazón, abrandando a dureza do peito, para que a enerxía do amor poida entrar e saír expandíndose ao mundo para facernos seres compasivos”.

Para a creación da obra, Remedios tomou a cor do manto do Cristo como referente principal e as figuras das Calantornias, para reflexar o sagrado e o profano. O resultado son uns debuxos inspirados nas fotos do blog de Susana Prieto. “Representacións que desexan á xente de Valdeorras e a quenes veñan ás festas, moito desfrute e alegría”. A mesma que sentíu ela cando lle propuxeron crear o cartel, que fixo co desexo de que guste “e sexa representativo do espíritu principal que guía ás Festas do Cristo”.

Malia non ser natural do Barco de Valdeorras, Reme vivíu na vila durante dez anos, unha importante etapa da súa vida na que asistíu aos talleres de pintura “que impartía Mari Carmen e á escola de escultura de Xelo de Tremiñá”, lembra, asegurando que foi aquí onde soubo que quería formarse como artista. “Sentía a facilidade de expresarme a través da sinceira beleza que ofrece a arte, sorprendíame como podía recoller nos debuxos e pinturas información sobre quen era, sobre a verdade da alma. A pintura foi e segue sendo, catalizador de experiencias e sostén da miña construción como muller”, asegura.

Dende entón xa non deixaría nin o lápis nin as pinturas, compaxinando a súa propia creación, coa dirección de DOSMILVACAS,un proxecto nado en 2006 que integra a arte, a creatividade e a terapia nun mesmo espazo, coa intención de “propiciar o desenvolvemento do ser humano”.

Cartel das Festas do Cristo 2017, obra de Reme Remedios.

Cartel das Festas do Cristo 2017, obra de Reme Remedios.