Os pobos de Raigada (Manzaneda) e Vilarmeao (Viana do Bolo) renovaban a súa relación de amizade na tarde do Sábado de Entroido. Vilar visitaba co folión Raigada, tras pedir o permiso. Entón soaban as cornas, os bombos e as aixadas, mentres as Mázcaras iniciaban a súa fermosa danza nun desfile que percorría cada recuncho. Despois Raigada compartía cunha cea coa comitiva carnavalesca de Vilar.

Fotos: Carlos G. Hervella