Despois da procesión Vía Crucis do Encontro celebrada na mañá do 30 de marzo, a parroquia ruesa de Santo Estevo continuaba coa celebración do Venres Santo, un dos días máis activo. Facíao xa pola tarde, ás 19:30h. co Sermón das 7 Palabras, acto litúrxico no que o párroco Severino Pérez desgranou os momentos clave da paixón e morte de Cristo na Cruz.

De seguido tiña lugar o Desencravo e colocación do crucificado na urna na que máis tarde sairía en procesión. Desta volta a chuvia impedía a saída das imaxes polas rúas do pobo, celebrando o acto no interior do templo. Igual que na procesión da mañá, primeiro foi a imaxe de San Xoán, seguida pola Dolorosa e finalmente o Cristo Xacente, saíndo por unha nave lateral e regresando preto do altar pola central.

Mañá, se o tempo o permite, celebrarase a Procesión da Soidade ás 20h.

Fotos: Mónica G. Bellver.