Numerosas persoas participaban na mañá do Venres Santo no tradicional Via Crucis das Ermitas (O Bolo). Moitas destas persoas viñan ademais camiñando dende pobos próximos e despois sumábanse a este traxecto relixioso, cuxas primeiras estacións están situado no mesmo adro do santuario. Tamén asistían unhas 50 persoas da Asociación de Veciños de Amoeiro.

Unha gran cruz de madeira portada por costaleiros e os diferentes pasos saían a partires das once e media da mañá dende o santuario e comezaba así un empinado e longo traxecto relixioso denominado “Camiño do Deserto” e que recrea a “Vía Dolorosa” de Xerusalém.

No comezo do Via Crucis chuviñaba timidamente, sen embargo, chegando á novena estación a intensidade do vento e a chuvia obrigaba a protexer os pasos no baixo nunha casa. Unicamente continuaba o percorrido polas estacións, ata a da Resurrección, a gran cruz de madeira, seguida dos asistentes.

Os labores de coordinación do tráfico no entorno do santuario estiveron en mans da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo.

Fotos: Carlos G. Hervella/ A.R.