Cada Entroido os pobos de Requeixo e Bidueira (Manzaneda) manteñen un intercambio de visitas co folión. Este ano tocáballe comezar aos de Requeixo que na noite do 18 de febreiro visitaban co seu folión Bidueira. Tras pedir permiso e recibilo daban unha ronda polo pobo. Despois o pobo visitado ofrecíalles unha cea.

 

Fotos: Carlos G. Hervella