Á entrada do pobo, e coa petición de permiso en verso, comezaba a visita que o Folión de Castiñeira (Vilariño de Conso) lle facía neste Entroido a Mormentelos. Tras o plácet do pobo anfitrión, os Boteiros de Castiñeira poñíanse en movemento e comezaba a ronda do folión, acompañado polos veciños de Mormentelos.

Tras completar o traxecto tocando, Mormentelos ofrecía unha cea aos visitantes que se prolongaba ata a madrugada e que non faltaban tampouco os versos.

Fotos: Carlos G. Hervella