ConcellosGalerías de fotosManzanedaÚltima hora

Espectacular paisaxe branca na Estación de Montaña de Manzaneda

 

A neve caída nos últimos días deixaba unha espectacular estampa branca neste 2 de xaneiro na Estación de Montaña de Manzaneda. Malia que polo momento as súas instalacións continúan pechadas, eran numerosas as persoas, en moitos casos familias, que se desprazaban ata a zona para desfrutar dun fermoso día de neve.

Polo de agora, a estrada que comunica Manzaneda coa estación, por Paradela, continúa pechada ao tráfico por estar inaccesible pola neve e o xeo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button