DeportesPescaÚltima horaVídeos

Espectacular xornada de pesca con David Arcay en San Clodio, da man do Club Spinning Valdeorras

O catro veces campión do mundo de pesca a mosca deu unha clase maxistral a nenos e maiores

 

Non todos os días se ten a oportunidade de compartir pesca cun campión do mundo, por iso os asistentes á xornada organizada polo Club Spinning Valdeorras para este domingo 26 de xuño na praia fluvia de San Clodio (Ribas de Sil), desfrutaron ao tempo que aprenderon dun dos mellores, o catro veces campión do mundo de pesca a mosca David Arcay.

 

 

Tal como adiantaba no seu momento o presidente do club de pesca deportiva, Daniel Prada, a actividade estaba pensada para os nenos pero “ver pescar ao campión do mundo é interesante para calquera pescador que sempre pode sacar algo en claro”. Así nun día fresco pero soleado, os cativos cos seus pais e membros do club, seguían atentos ao coruñés David Arcay.

 

 

Primeiro foi a clase teórica para os nenos a carón da praia fluvial e despois tiña lugar a demostración no río que os asistentes ían seguindo polo malecón, xa que a zona préstase. A parte final e máis entretida era a pesca en si na que todos desfrutaron “e algún incluso pescou a súa primeira troita”, conta Daniel, agradecendo a colaboración de David, un auténtico profesional. Troita que máis tarde volvería ás augas do río Sil.

Esta actividade estivo promovida pola Consellería de Medio Ambiente e pola Federación Galega de Pesca

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button