ConcellosÚltima horaVídeos

Espectaculares remuíños de vento sobre as zonas queimadas en Valdeorras

 

Xira como un tornado e pode confundirse con el, pero en realidade trátase doutro fenómeno que os meteorólogos denominan “tolvanera”. Son remuíños de aire de po escuro que se están vendo en determinados momentos en Valdeorras nestes días sobre as zonas queimadas polo incendio de xullo.

 

 

Nalgúns casos este fenómeno atmosférico, que levanta un gran poeira en forma de cono, pode chegar a alcanzar gran altura. Aparece cando se dan unhas determinadas condicións: en días de moita calor e sobre terreos secos, superficies queimadas ou con cinzas.

Vídeo cedido.

Artigos relacionados

Back to top button