ConcellosSoberÚltima hora

Espectáculo “conto-concerto” este venres 21 de agosto en Sober

A actividade será ás 19:00h na Carballeira de Centeás

O Concello de Sober programa para este venres, 21 de agosto, a actividade “Conto-concerto. Como montar a túa banda de verán”. O evento será ás 19:00h na Carballeira de Centeás e está especialmente recomendado para nenos de 5 a 10 anos. O aforo está limitado a un total de 25 persoas.

Esta actividade, organizada polo Concello en colaboración con Ler Conta Moito, ía ter lugar nas piscinas municipais pero o peche das mesmas debido ao aumento de casos no veciño concello de Monforte de Lemos obrigou á organización a cambiar de emprazamento.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button