ConcellosÚltima horaVídeos

Espectáculo de acrobacias e lume, xogos, inchables e festa da escuma en Castro Caldelas

Continúan as actividades do completo programa de verán neste municipio

 

Continúa a desenvolverse a pogramación de Verán no concello de Castro Caldelas. Despois do impresionante espectáculo “A queima da fachada” no Santuario dos Remedios o día 8, na noite do 11 de agosto veciños e visitantes podían desfrutar dun espectáculo de lume e acrobacias nun recinto cuxo aforo se enchía de público.

 

 

Ademais, na xornada deste 12 de agosto os protagonistas das actividades eran os máis pequenos. Así, a Escola de Verán (de 9h. a 13:30h) despregaba xogos e diversión para os máis de 50 nenos que participan nela.

Despois, dende as 15h. tiña lugar unha festa da escuma e inchables na área recreativa da Ponte das Táboas. “Cun cheo total cada día esta Área Fluvial con Piscina e Bar con Comidas (Churrasco, Paellas, Asados, …) é un lugar de diversión, chapuzóns, actividades o aire libre, … é unha natureza que namora ao visitante, que pode facer deporte a beira do río percorrendo a Ruta Dos Muíños”, tal e como se destaca dende o Concello de Castro Caldelas.

Por outra banda, neste xoves tamén se iniciaba a sega do centeo para os Fachós 2022 (sempre que sexa posible). E este 12 de agosto concluirá co concerto, ás 23h, de Movilla & Los Irrepetibles na Praza do Prado. Ofrecerán un repertorio de rancheiras e música de sempre.

 

 

Fotos e vídeos cedidos polo Concello de Castro Caldelas.

Artigos relacionados

Back to top button