CulturaCulturaÚltima hora

Espectáculo de acrobacias, equilibrios e humor, no Barco o 17 de novembro

“El Apartamento” poderá verse o vindeiro venres ás 21h. sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco
Unha das escenas do espectáculo.

Soa o espertador e comeza unha nova xornada no interior dun apartamento. Unha situación cotiá que a compañía Circk About It converte nun sorprendente e divertido espectáculo circense sementado de equilibrios, acrobacias e saltos. Así o poderán comprobar as persoas que se acheguen ata o Teatro Lauro Olmo do Barco na noite do 17 de novembro. Alí a partires das 21h. porase en escena “El Apartamento”, unha proposta para todos os públicos e de 50 minutos de duración.

A peza, na que o circo é o protagonista, conta coa dirección de Alfonso Alonso (El Gran Rufus) e cun elenco formado por Laura Barba Ruiz, David Tornadijo Arce e Miguel Molinero García.

 

Actores desta peza circense que poderá verse no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button