ConcellosÚltima hora

Espectáculo de barro con Carlos Moreyra no Barco

Leva por título “Obra: El barro y yo” e terá lugar na tarde do 14 de setembro no Teatro Lauro Olmo
Cartaz deste espectáculo artístico.
Cartaz deste espectáculo artístico.

Contar unha historia coa arxila e co modelado, mentres soa a música. É o que fará o artista arxentino Carlos Moreyra no espectáculo escultórico en vivo “Obra: El barro y yo”, que se desenvolverá ás 19h. do 14 de setembro no Teatro Lauro do Barco. Nel utilizará unha masa de arxila de 60 quilos, á que irá dando forma cunha sorprendente velocidade e axilidade.

O custe da entrada será de 5 euros. Este espectáculo, que coincide ademais co día grande das Festas do Cristo no Barco, será organizado por “Laurarte. Centro Artístico de la Piedra” e pola Asociación de Artesáns de Ourense en colaboración cos concellos do Barco e Vilamartín.

Artigos relacionados

Back to top button