ConcellosPetínÚltima hora

Espectáculo de monicreques para reflexionar sobre a igualdade, en Petín

Mircromina Títeres porá en escena o vindeiro 1 de outubro "Cousas de casa" na Casa da Cultura

 

Achegar aos máis pequenos a través do teatro, e máis en concreto dos monicreques, a aqueles conceptos que permiten reflexionar sobre a igualdade entre homes e mulleres en diferentes ámbitos. Este é o obxectivo da función teatral “Cousas da casa”, da compañía Mircromina Títeres, que poderá verse o vindeiro 1 de outubro ás 17h. na Casa da Cultura de Petín. O espectáculo está dirixido a un público infantil de entre 4 e 12 anos.

Esta iniciativa forma parte da campaña de accións de sensibilización da sociedade e prevención da violencia de xénero ao abeiro ao Abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

A entrada é de balde ata completar o aforo, pero será necesario realizar inscrición previa no GDR Valdeorras ou no Concello de Petín. Ademais será obrigatorio o uso de máscara.

Artigos relacionados

Back to top button