A localidade da Pobra de Trives acollerá, o vindeiro domingo 23 de agosto, un teatro de títeres na Praza do Concello. A actuación será ás 20:00h e, para evitar grandes aglomeracións de xente, o aforo estará limitado por orde de chegada. A función correrá a cargo de Tarabelos que interpretarán a obra “Amoriños Contei”, especialmente dedicada a nenos a partir de 6 anos. O uso de mascarilla sanitaria é obrigatorio.