CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Esperado magosto no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, no Barco

 

O magosto foi sempre unha actividade moi completa e divertida nos colexios de Educación Infantil e Primaria que o ano pasado non se pudo celebrar por mor da pandemia. Por iso os cativos e profesores esperaban con cobiza a súa recuperación.

Así o facían no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras na mañá deste xoves 11 de novembro celebraban a tradicional festa por todo o alto pero mantendo as medidas sanitarias aínda vixentes. Separados por grupos, ao aire libre e quitando a mascarilla unicamente para comer, os pequenos desfrutaron das castañas, dos doces e como non dos tizóns que collían para pintarse a cara uns a outros. Unha divertida tradición case perdida, que neste colexio se mantén ano tras ano.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button