CD BarcoDeportesFútbolOurense CFÚltima hora

Esta fin de semana estrearase o videomarcador do campo de fútbol de Calabagueiros (O Barco)

 

O Concello do Barco ultimou a obra de instalación do vídeo marcador do campo de fútbol
de Calabagueiros, que supuxo un orzamento total de algo máis de 26.000 euros. “O sistema servirá para que se poda proporcionar información e resultados tanto dos partidos de fútbol que se celebran no campo, coma das demais competicións deportivas que teñen lugar nesta instalación”, indican dende o Concello.  O videomarcador será estreado esta próxima fin de semana, no partido que disputará o CD Barco fronte ao Ourense CF, o derbi provincial.

Esta actuación foi posible grazas ao convenio de cooperación subscrito entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello do Barco para a adquisición e instalación deste dispositivo nas instalacións municipais. Ambas entidades cofinanciaron o proxecto, e do procedemento de
adxudicación, urxente e simplificado, encargouse o Concello do Barco.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button