DeportesÚltima hora

Esta fin de semana regresa a competición de fútbol gaélico

Os esquipos masculino e feminino do Auriense F.G. viaxarán ata A Estrada para enfrontarse a Irmandinhos
Xogada do equipo masculino do Auriense F.G.

Despois do parón navideño, os equipos do Auriense Fútbol Gaélico reanudan este domingo, 7 de xaneiro, a competición no Campo Novo de A Estrada, cun dobre enfrontamento ante Irmandinhos.

A partires das 18 horas o equipo feminino xogará o seu partido do que parten como favoritas, esperando conseguir un resultado positivo. “A clave pode estar no acerto entre paus de ambos equipos”, adiantan dende o club ourensán.

O conxunto masculino, pola súa banda, xogará a partires das 19:30h. contra o actual campión e subcampión ibérico, que conta os seus partidos por vitorias. “Un partido moi complicado, onde o importante é realizar un bo papel sen ter en conta o resultado final”.

A primeira fase da liga rematará na vindeira semana coa visita a Ourense do Keltoi de Vigo, “unha nova oportunidade para achegarse ata o Campo da Universidade e coñecer un dos deportes en auxe en Galicia”, convidan dende o Auriense.

Artigos relacionados

Back to top button