ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

Esta tarde abríase o acceso á estación de Manzaneda pola OU-0704

 

Ás 17:45 horas desta tarde quedaba aberta á circulación a estrada OU-0704, ata este momento cuberta de neve e pechada ao tráfico. Esta vía dá acceso á Estación de Montaña de Manzaneda. As pasadas da máquina quitaneves permitían que moitas familias puidesen achegarse a este complexo, cuxas instalacións están pechadas ao público, e pasar nel unha tarde desfrutando da neve.

Co fin de garantir a seguridade, ao longo desta xornada mobilizábase a tres patrullas da Garda Civil de Tráfico, do destacamento do Barco de Valdeorras e de Ourense; a unha patrulla da Garda Civil de seguridade cidadá e outra do SEPRONA, ambas de Trives; así como ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil Pobra de Trives e de Manzaneda. O que si continúa pechado é o acceso a estación por Paradela (Manzaneda).

Fotos: Facebook Voluntariado de Protección Civil de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button