En portadaÚltima horaVídeos

Esta tarde concluirá o operativo de retirada de vagóns do tren descarrilado en Sobradelo

O presidente da CHMS supervisaba na mañá deste luns os traballos e anunciaba que mañá iniciarase a segunda fase, consistente na restauración e rehabilitación medioambiental da zona

 

A última hora deste luns 10 de agosto concluirá o operativo de retirada dos vagóns de mercadorías que permanecían ata agora no lugar do descarrilamiento acontecido o pasado 28 de xullo na liña León-A Coruña, ao seu paso por Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Así o anunciaba o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, que, xunto ao comisario adxunto, supervisaba neste mediodía os traballos que está a acometer Adif.

“Vimos comprobar a execución dos traballos do que sería a primeira fase da retirada do material ferroviario e, tal e como estamos comprobando, hai que felicitar á autoridade ferroviaria por facer este labor con celeridadee  con eficiencia”, indicaba José Antonio Quiroga. Esta primeira fase, que se iniciaba na tarde do pasado venres 7 de agosto e continuaba ao longo de toda a fin de semana, rematará á última hora deste luns, momento no que “quedará todo limpo”.

 

 

No decurso destes traballos estanse a empregar dúas grúas de estrada de 80 toneladas, que permitían estabilizar os vagóns situados xunto á vía e, ao mesmo tempo, posibilitaban o descenso de traballadores e equipos ata o vagón situado na beira do río Sil, para posteriormente retirar as seccións desmontadas”.

 

 

 

Unha vez completada a retirada dos restos dos vagóns a última hora de hoxe, darase paso a unha segunda fase, “que é moi importante, e que consistirá na restauración e rehabilitación do espazo e dos aspectos medioambientais, reposición de árbores, tapiz medioambiental, etc.”, explicaba o presidente do organismo de conca.

Adif continuará cos labores de reparación da liña afectada polo accidente e tamén se espera que nos vindeiros días poida restablecerse a circulación ferroviaria nela.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button