ConcellosEn portadaÚltima hora

Estabilizado o incendio forestal de San Mamede (Viana do Bolo)

Afecta a unha superficie dunhas 50 hectáreas, segundo as estimacións provisionais da Consellería do Medio Rural

 

 

Dende ás 17:21h. permanece estabilizado o lume que se iniciaba ás 13:05h. horas de hoxe no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de San Mamede.

Segundo as últimas estimacións da Consellería do Medio Rural, afecta unha superficie dunhas 50 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 5 axentes, 14 brigadas, 7 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 1 avión.

Artigos relacionados

Back to top button