OurenseÚltima hora

Extinguido o incendio de Crecente (Pontevedra) que afecta tamén a Cortegada

Segundo Medio Rural, a superficie afectada é de 36,4 hectáreas, 8,1 en Cortegada

Vista do incendio. / Foto: Brigada Marroxo.

 

Hoxe, luns 31 de agosto, dábase por extinguido o incendio forestal de Crecente (Pontevedra) que afectou tamén á parroquia de Rabiño, no concello ourensán de Cortegada. O lume iniciábase o pasado sábado, 29 de agosto, ás 15:55h na parroquia de Filgueira (Crecente). Segundo a Consellería de Medio Rural, afectou a unha superficie de 36,4 hectáreas, 28,3 en Crecente (27 arboradas e o resto rasas) e 8,1 arboradas en Cortegada. Na súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 8 axentes, 21 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 7 avións e 7 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button