ConcellosÚltima hora

Estabilizado o incendio de Flariz (Monterrei), tras queimar 720 hectáreas

Da superficie afectada, 400 ha son de monte raso, 50 de arborado e as 270 restantes, agrícolas

Incendio forestal en Flariz (Monterrei). / Foto: Brif Marroxo.

 

Ás 15:20 deste domingo, 26 de xullo, pasaba a estar establizado o incendio forestal declarado o pasado venres na parroquia de Flariz, no concello de Monterrei. Tras unha nova estimación realizada pola Consellería de Medio Rural, a superficie afectada é de aproximadamente 720 hectáreas, das cales 450 son de masa forestal (400 de monte raso e 50 arboradas) e as 270 restantes, agrícolas.

Trátase do maior lume rexistrado no que vai de verán en Galicia. Na súa extinción, mobilizáronse 1 técnico, 24 axentes, 56 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias.

Artigos relacionados

Back to top button