OurenseÚltima hora

Estabilizado o incendio de Moreiras (Toén)

O lume de Lobios, onde se produciu o accidente aéreo, segue activo e afecta a unhas 350 hectáreas

Estabilizado dende as 20:14 horas de onte o incendio do concello ourensán de Toén, na parroquia de Moreiras. Iniciouse a tarde do venres e, segundo as últimas estimacións de Medio Rural, afecta unha superficie provisional dunhas 250 hectáreas. Para a súa extinción lévanse mobilizado 2 técnicos, 13 axentes, 34 brigadas, 26 motobombas, 3 pas, 12 avións e 9 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

 

Lume en Toén. Foto: Incendios Galicia.

 

Ademais, o incendio de Lobios, onde se producía un accidente dun hidroavión no que falecía un dos seus ocupantes, segue activo dende as 08:00 horas de onte. Así, segundo datos de Medio Rural, o lume afecta unhas 400 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. No seu control levan traballado 1 técnico, 9 axentes, 25 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 9 avións e 9 helicópteros, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Artigos relacionados

Back to top button