ConcellosO BarcoÚltima hora

Estabilizado o incendio de Seadur (Larouco) e activo o de Freixido

Imaxe dun dos incendios do municipio de Larouco./ Foto: Teodoro Suárez.

 

Dende as 00,36 h. de hoxe o incendio forestal de Seadur (Larouco) está estabilizado, tal e como vén de informar a Consellería do Medio Rural. Este lume iniciábase o mércores ás 20,59 h. e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 120 hectáreas. Para o control deste incendio mobilizáronse ata o de agora 1 técnico, 12 axentes, 24 brigadas, 22 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

Por outra banda, continúa activo o outro lume rexistrado neste mesmo municipio de Larouco, na parroquia de Freixido, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie dunhas 100 hectáreas. Este incendio iniciábase onte ás 07,26 h. e para o seu control mobilizáronse ata o de agora 15 axentes, 23 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Artigos relacionados

Back to top button