ConcellosÚltima hora

Estabilizado o incendio de Sober

O lume leva queimadas unhas 120 hectáreas neste municipio da Ribeira Sacra lucense

O lume forestal que se iniciaba ás 17:50h. da tarde do domingo na parroquia de Anllo, no concello lucense de Sober, estabilizábase ás 17:20h. deste luns 24 de abril, tal e como informa a Consellería do Medio Rural.

Segundo as últimas estimacións, este incendio ten afectado a unhas 120 hectáreas, a maioría de monte arborado. No seu control levan traballado 15 axentes, 21 brigadas, 16 motobombas, 3 pas e 8 helicópteros, segundo Medio Rural. Nesta galería de fotos poden verse diferentes imaxes do incendio na marxe dereita do encoro de San Esteban.

Fotos: Arsenio Blanco.

Artigos relacionados

Back to top button