OurenseÚltima hora

Estabilizado o incendio de Vilaza (Monterrei), que supera as 100 hectáreas

Ás 19:40 horas desta tarde quedaba estabilizado o incendio forestal rexistrado na parroquia de Vilaza (Monterrei), segundo informa a Consellería do Medio Rural.

Este lume comezaba ás 17:54 horas de onte, 29 de agosto, e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas. Para estabilizar este lume traballaron 2 técnicos, 25 axentes, 50 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 13 helicópteros e 5 avións.

Artigos relacionados

Back to top button