En portadaÚltima hora

Estabilizado o incendio forestal de Valdeorras, pero segue activo o de Pradoalbar (Vilariño de Conso)

Superficie afectada polo incendio forestal en Valdeorras.

 

Dende ás 20:33h. de onte está estabilizado o incendio forestal que dende o xoves 14 de xullo afecta á comarca de Valdeorras, tal e como vén de informar a Consellería do Medio Rural. Este lume leva queimadas unhas 10.500 hectáreas, segundo os datos provisionais. Ademais de entrar en núcleos de poboación, tamén entraba no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá). E na súa extinción levan traballado 16 técnicos, 105 axentes, 206 brigadas, 89 motobombas, 5 pas, 12 avións, 13 helicópteros e tamén a Unidade Militar de Emerxencias.

En cambio, continúa activo o incendio forestal de Pradoalbar (Vilariño de Conso), que se iniciaba o 15 de xullo e que leva queimadas unhas 6.500 hectáreas, segundo Medio Rural, afectando ademais ao Parque Natural do Invernadeiro.

Na súa extinción veñen traballando 6 técnicos, 76 axentes, 146 brigadas, 73 motobomas, 7 pas, 9 avións e 15 helicópteros.

 

Incendio forestal de Pradoalbar./ Foto: @Brif Laza.

Artigos relacionados

Back to top button