ConcellosLaroucoÚltima hora

Estabilizado o lume de Freixido (Larouco), tras afectar a unhas 140 hectáreas

Publicidade

 

O lume forestal rexistrado na parroquia de Freixido (Larouco) vén de quedar estabilizado ás 13,33 h. de hoxe, tras comezar onte ás 7,26 h. da mañá. Segundo novas estimacións afecta unha superficie dunhas 140 hectáreas. No seu control mobilizáronse ata o de agora 16 axentes, 30 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións, tal e como informa a Consellería do Medio Rural.

Por outra banda, o incendio forestal de Seadur (tamén no municipio de Larouco) -que se iniciaba o mércores ás 20,59 h.- permanece estabilizado desde as 00,36 h. desta madrugada. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 120 hectáreas. Na súa extinción levan traballado ata o de agora 1 técnico, 14 axentes, 27 brigadas, 26 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 2 avións.

Artigos relacionados

Back to top button