OurenseÚltima hora

Estabilizados o incendio de Chandrexa e o de Muíños, que afecta ao Parque Natural do Xurés

O lume forestal de Queixa leva queimadas unhas 50 hectáreas, segundo Medio Rural

Imaxe da superficie afectada polo lume en Chandrexa./ Foto: Brif Laza.

 

“Permanece estabilizado, e evoluciona favorablemente”, segundo a Consellería do Medio Rural, o incendio forestal que se iniciaba onte no municipio ourensán de Chandrexa de Queixa e que afecta, segundo as últimas estimacións, unha superficie de arredor de 50 hectáreas.

“Este lume levantouse durante a pasada noite debido ao forte vento rexistrado na zona. No seu control levan traballado 5 axentes, 30 brigadas, 4 motobombas, e pas, 13 helicópteros e 3 avións”, tal e como se indica dende Medio Rural.

Por outra banda, Medio Rural tamén informa dun lume forestal, xa estabilizado, no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque Natural do Xurés. O lume comezou esta tarde ás 16 h. e quedaba estabilizado ás 18,08 h.

“Rexistrou varios focos simultáneos en Portugal e Galicia. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 4 hectáreas en territorio galego. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada”, asegura Medio Rural.

No lugar mobilizáronse, por parte galega, 2 axentes, 7 brigadas, 2 motobombas, 2 helicópteros e 2 avións. Nos labores de extinción participan tamén medios portugueses.

 

Artigos relacionados

Back to top button