A Pobra de BrollónChandrexa de QueixaConcellosEn portadaQuirogaRibas de SilÚltima hora

Estabilizados os dous lumes forestais de Ribas de Sil

Entre os dous incendios resultaba queimaba unha superficie dunhas 15.90 hectáreas

Zona queimada polo incendio forestal que se iniciaba onte en Ribas de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende as 16:26 h. deste martes está estabilizado o lume iniciado onte ás 12:47 h. en Ribas de Sil (parroquia homónima), que tamén afecta os municipios de Quiroga e da Pobra do Brollón. A superficie afectada por este incendio rolda as 1.450 hectáreas, segundo as últimas estimacións feitas públicas pola Consellería do Medio Rural. Ademais, xa foi desactivada a Situación 2 ao non haber perigo para núcleos de poboación.

Ata o momento mobilizáronse para controlalo 13 técnicos, 30 axentes, 87 brigadas, 40 motobombas, 5 pas, 8 avións e 14 helicópteros. Tamén participaron nos labores de extinción persoal e medios da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Tamén quedou estabilizado ás 16:26 h. o lume iniciado ás 21,42 h. do domingo neste mesmo concello, parroquia de Nogueira. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional de arredor de 140 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 6 técnicos, 17 axentes, 35 brigadas, 27 motobombas, 5 pas, 7 avións e 6 helicópteros.

Chandrexa de Queixa

Segue controlado desde as 12:33 h. de hoxe o lume iniciado onte ás 11,38 h. no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Requeixo, que afecta segundo as últimas estimacións unha superficie de arredor de 50 hectáreas. No seu control levan participado 1 técnico, 13 axentes, 34 brigadas, 21 motobombas, 2 pas, 1 helicóptero e 2 avións.

Artigos relacionados

Back to top button