ConcellosÚltima hora

Estabilizados os lumes de Barxa (A Gudiña), Riós e Hospital (Quiroga)

Unhas 440 hectáreas resultaban queimadas no incendo forestal de Barxa. Por outra banda, están controlados os de Chandrexa e Enciñeira

 

Os incendios forestais que afectaban nos últimos días ás provincias de Ourense e Lugo xa están estabilizados ou controlados. Así o sinalaba nesta mañá a Consellería do Medio Rural. Así dende ás 18:40 h. de onte, 14 de setembro, está estabilizado o incendio no municipio da Gudiña, parroquia de Barxa, tras entrar por Portugal.

Segundo as últimas estimacións afecta unhas 440 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control levan traballado 1 técnico, 10 axentes, 31 brigadas, 18 motobombas, 4 pas, 4 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Ademais está estabilizado ás 18:40 h. de onte o lume no concello de Riós, parroquia do Navallo. Segundo últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 60 hectáreas. Nos traballos de control levan participado 8 axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 1 avión e 1 helicóptero.

Permanece así mesmo estabilizado desde as 15,36 h. de onte o lume rexistrado no concello de Quiroga, parroquia do Hospital. Segundo últimas estimacións, a superficie afectada chega ás 152 hectáreas. No seu control levan participado 1 técnico, 8 axentes, 33 brigadas, 15 motobombas, 3 pas, 8 avións e 6 helicópteros.

Por outra banda están controlados dende onte os lumes de Enciñeira (Quiroga) e Chandrexa de Queixa tras queimar 50 e 18 hectáreas respecticamente.

Artigos relacionados

Back to top button