En portada

A Estación de Manzaneda prepárase para a tempada invernal

Contarase con novas variantes nas pistas Cuchara, Refugio e Pluviómetro e estrearase un sistema de aluguer de esquís
Un dos momentos da rolda de prensa en Oca Nova Manzaneda./ Foto: Oca Nova Manzaneda.
Un dos momentos da rolda de prensa en Oca Nova Manzaneda./ Foto: Oca Nova Manzaneda.

Ultímanse os preparativos para a nova tempada de inverno na única estación de montaña galega: Oca Nova Manzaneda. Os esforzos do persoal céntranse en traballos de desbroce, balizado ou posta en marcha dos remontes para que todo estea listo, tal e como se sinalaba na rolda de prensa que convocaba na estación na mañá do 2 de decembro e na que se destacaban, como novidades, traballos “realizados en pista instalando 800 metros cortaventos na pista Fontefría, a renovación de todas as perchas no telesquí Pluviómetro e novas variantes nas pistas Cuchara, Refugio e Pluviómetro.

Ademais renovouse gran parte do material do aluguer de esquís, “cun novo sistema de xestión do aluguer que pretende acelerar a prestación do servizo”, din deste a estación. E nesa mesma liña, buscando eliminar as colas, nesta nova tempada poderanse mercar os forfaits online coa nova páxina web que se porá en marcha.

No encontro cos medios explicáronse as novidades da tempada invernal./ Foto: Oca Nova Manzaneda.
No encontro cos medios explicáronse as novidades da tempada invernal./ Foto: Oca Nova Manzaneda.

Tamén haberá novidades no apartado da hostalaría coa reapertura do Bar en pistas O Xeixo, na zona de reenvío do Telesilla Manzaneda, que se engadirá aos xa existentes: restaurante gastronómico Os Arandos, Autoservizo Manzaneda e as cafeterías Manzaneda, Galleira e A Tasquiña.

Artigos relacionados

Back to top button