OurenseÚltima hora

A estación intermodal da cidade suma apoios tras a adhesión do Concello

A xunta de goberno local aproba o convenio de colaboración entre administracións e Adif para a construcción desta infraestrutura
O Concello de Ourense aproba o convenio de colaboración da estación intermodal.
O Concello de Ourense aproba o convenio de colaboración da estación intermodal.

A xunta de goberno local celebrada o pasado día 26 de maio aprobou, fóra da orde do día e polos trámites de urxencia, o convenio marco de colaboración entre o goberno galego, o Concello de Ourense, o Ministerio de Fomento e a entidade pública empresarial Adif-Alta Velocidade, para o desenvolvemento da futura estación intermodal da cidade e o seu entorno urbano.

Os obxectivos fundamentais que se recollen no documento son tres: promover o uso do transporte público e a mobilidade sostible coa execución dunha estación intermodal que permita combinar diferentes modos de transporte público de forma rápida e eficiente; mellorar a permeabilidade transversal da cidade no entorno e dotar á estación ferroviaria das instalacións necesarias para a chegada da alta velocidade no ano 2016.

Artigos relacionados

Back to top button